JUAN ANTONIO GIL BENGOANovelista, articulista e escritor cinematográfico, editou tres novelas ata a data (La piel del camaleón, Inviernos y Los placeres tristes), ademáis dun libro de poemas (Los desiertos verdes).
Tras recibir varios premios en distintos concursos polos seus guións de curtametraxes, comezou unha relación profesional co tamén guionista Javier Echániz, que os levou a escribir varios guións de longametraxes (Fuera de temporada, Julais, Muñequitas rusas), todos eles adquiridos por diversas compañías produtoras para ser levados á pantalla.
Unha vez máis, non esquezamos AGALLAS.
JAVIER ECHÁNIZ PETRALANGARecoñecido escritor cinematográfico, os seus traballos xa estreados van dende a comedia (Carretera y manta, con Carmen Maura e Eduardo Noriega) ata o thriller político (Muertos comunes, con Ernesto Alterio), pasando polo terror xuvenil (Skizo, con Óscar Jaenada e Eloy Azorín) ou a tv-movie inspirada en feitos reais (Carta mortal, con Aitana Sánchez Gijón). Está ademáis e por suposto, o trepidante guión de AGALLAS coescrito xunto a Juan Antonio Gil Bengoa.