SAMUEL MARTÍN MATEOSA súa relación coa televisión foi sempre da man do cine. Traballou durante moitos anos en TVE, desempeñando actualmente o cargo de Director Adxunto do Canal Cultura de TVE. En 2007 ocupouse da Dirección de Cultura da cadea pública e anteriormente foi durante trece anos director-realizador dos programas Cartelera e Cartelera TVE e foi realizador durante catro años do informativo cinematográfico Días de cine. A súa experiencia no eido audiovisual tamén abrangue traballos como deseñador gráfico e deseñador en 3D, e realizou innumerables spots de televisión, publireportaxes e videos institucionais.
ANDRÉS LUQUE PÉREZNaceu en Madrid en1958. É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense e dende 1982 traballa en Televisión Española como realizador. Durante anos foi Director Adxunto do programa de cine Cartelera e dende o 2000 realiza reportaxes-documentais como guionista e realizador no programa En Portada dos Servizos Informativos.Dende 2007 foi Produtor Executivo Adxunto á Área de Cultura de TVE e na actualidade é Produtor Executivo do Canal Cultura de TVE. Entre outros premios internacionais, recibiu as medallas de Prata e Bronce no Festival Internacional de Televisión de Nueva York en 2005 e 2006, o premio Naciones Unidas ao Mellor Programa de Televisión sobre a Infancia e a Mocidade, dous Premios Cruz Roja Internacional no Festival Internacional de Televisión de Montecarlo nos anos 2003 e 2004, o Premio Italia de Xornalismo e o Premio Manos Unidas de Televisión.