AGALLAS é unha película chea de picaresca, de trampas mortais e de personaxes sen escrúpulos. Aquí todo vale para subir ao cumio. Todo. Aquí gaña o máis forte. E o máis forte, paradóxicamente, é o que ten máis medo... Cando un cre chegar ao máis alto, comproba que sempre hai alguén máis áxil, máis ruin, máis cruel. Lei de vida. AGALLAS ilustra esa lei cunha historia trepidante chea de humor acedo e de sobresaltos inesperados.
AGALLAS tamén manexa o suspense cunha mestría que lembra a Sospeitosos Habituais ou á película de Fabián Bielinsky, Nove Raíñas: ao final descobrimos que hai alguén detrás do que non era máis que un plan maquiavélico, que existe outra volta de torca. Son películas das que saímos coa sensación de ter sido enganados por alguén máis listo. E iso é un dos 105 grandes placeres do cine.
AGALLAS é cine de diversión, inxenioso e chispeante que disfrutamos sen complexos.
YA SIN VERLA ME HE QUEDADO PERPLEJILLA MAÑANA LA IRE A VER Y SI PUEDO DOY MI OPINION Y MI ENHORABUENA A HUGO QUE ES UN ACTORAZO.
SIROCO ,
September 08, 2009
...
Hola a todos! Soy de Serbia y me encanta todo español :) pais, idioma, cultura... Me gustaria a ver este y muchas otras peliculas en la cine, pero aqui se solo puede ver tv serias como Los Serranos, Los Hombres de Paco....y peliculas de Almodovar...Ellos son buenos, pero quiero un poco más ;) un beso